18/06/2026
O Consello recibiu hoxe a unha delegación da Administración do Goberno da República de Usbequistán, que puido coñecer de primeira man a configuración, funcións e actividade da autoridade independente, especialmente no relativo á avaliación do cumprimento das obrigas de publicidade activa e a defensa do dereito de acceso á información pública.