O Consello forma parte de dúas plataformas internacionais de cooperación e intercambio de experiencias e información sobre transparencia e acceso á información pública: a Conferencia Internacional de Comisionados de Información (ICIC, nas súas siglas en inglés) e a Rede de Transparencia e Acceso á Información de Iberoamérica (RTA).
O Consello, ademais, intercambia coñecemento e boas prácticas coas delegacións doutros países coas que mantén reunións de traballo e participa en seminarios e talleres de carácter técnico con órganos garantes homólogos europeos.