
Segundo o artigo 24 da lei de transparencia, fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información poderá interporse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa.
Para resolver estas reclamacións, o Consello de Transparencia e Bo Goberno emite resolucións nas que establece se a información solicitada ten que ser facilitada ou non.
Estas resolucións do Consello publícanse, disociados os datos persoais. Neste apartado poderás consultar os arquivos das resolucións da Administración do Estado e das comunidades autónomas e as súas entidades locais coas que o Consello de Transparencia e Bo Goberno asinou un convenio para as resolucións das súas reclamacións.