Recurso do Ministerio de Facenda e Función Pública fronte a concesión parcial de acceso a información relativa á denominada Cota Vasca
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Facenda e Función Pública para acceder ao contido do acordo asinado entre o Goberno de España e a Comunidade Autónoma do País Vasco sobre liquidación de cotas e fixación da cota quinquenal ata o ano 2021, solicitando tamén os importes do financiamento e os custos das competencias transferidas e non transferidas.
O Ministerio non facilitou a información ao entender que estaba en fase de tramitación ante a Comisión Mixta, non dispondo dos importes pagados en concepto de achega nin os ingresos da Cota e argumentou que era de aplicación a causa de inadmisión do articulo 18.1 a) da lei de transparencia.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, posto que determinada información está almacenada en arquivos históricos que se rexen pola súa propia normativa, non pola lei de transparencia. o Consello admitiu que se debe dar información sobre o contido do acordo asinado entre o Goberno de España e a Comunidade Autónoma do País Vasco sobre liquidación de cotas e fixación da Cota quinquenal ata o ano 2021, dado que, aínda que non finalizase a tramitación parlamentaria, o documento xa é definitivo.
Estado: a sentenza do xulgado central contencioso-administrativo nº 7 de Madrid é unha sentenza firme a favor de facilitar a información.