102. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Incidentes notificados por persoal sanitario
RESUMO
Unha cidadá presentou solicitude de acceso á información dirixida á Comunidade de Madrid para acceder ao detalle dos incidentes adversos notificados polos profesionais sanitarios, desde 2012, ao momento de vixilancia de produtos sanitarios.
A administración remitiu ao reclamante á Administración Xeral do Estado e esta denegou a información, alegando o limite relativo á confidencialidade e a aplicación da Disposición Adicional 1º.2 da LTAIBG: existencia dun procedemento de acceso especifico contido na normativa que regula os produtos sanitarios.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna ao considerar que non resultaba de aplicación o limite invocado, posto que a información é parcialmente publica e posto que, segundo esta propia normativa, non é confidencial a información destinada aos usuarios remitida polo fabricante ou os profesionais sanitarios, sempre que poidan finalizar en enfermidade grave ou falecemento dos pacientes ou usuarios.
Así mesmo, analízase a normativa que regula os produtos sanitarios, chegando á conclusión de que non existe un procedemento de acceso á información publica e de que existe, en cambio, un interese publico evidente en que se difunda esta información.