86. Ministerio do Interior. Produtividades mensuais
RESUMO
Un Sindicato presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio do Interior para coñecer os postos de traballo que teñen asignados produtividades funcionais e estruturais, así como as súas contías mensuais.
O Ministerio denegou a información por afectar á protección de datos persoais dos traballadores.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, posto que dar a información afecta á protección de datos persoais daqueles traballadores que non participan na toma de decisións do Ministerio, aínda que prevalece o dereito de acceso á información respecto do resto do persoal, é dicir, o persoal directivo, o de asesoramento e especial confianza ou o persoal non directivo de libre designación.