133. Resolución completa do expediente sancionador.
RESUMO
Unha empresa presento solicitude de acceso á información, dirixida ao Ministerio de Economía e Empresa, co obxectivo de obter unha copia da resolución completa e da proposta de resolución do expediente sancionador seguido contra PriceWaterhouse.
O Ministerio denegou a solicitude por existir un procedemento específico de acceso á información na Lei do Mercado de Valores e polo deber de segredo profesional.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, xa que e entende que non existe procedemento específico de acceso á información nin se vulnera o deber de segredo profesional. A proposta de resolución, ademais, é necesaria para a toma da decisión final e non pode considerarse un documento auxiliar ou de apoio.