134. Condicións de financiamento do fármaco Kymriah
RESUMO
Unha organización presentou unha solicitude de acceso á información, dirixida ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para conseguir coñecer o PVL de Kymriah, primeira terapia para tratar a leucemia linfoblástica aguda de células B refractaria e para a indicación de Linfoma B difuso de célula grande. Os criterios obxectivos concretos baixo os cales se aproba esta terapia, así como as súas condicións económica.
O Ministerio deu información pero a solicitante considerouna parcial.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, dado que a resposta do Ministerio é demasiado xenérica. Son precisamente os parámetros de financiamento selectivo e utilidade terapéutica os que teñen que guiar á Comisión Interministerial de Prezos de Medicamentos para tomar a decisión de incluír o fármaco Kymriah no financiamento público e son esas razóns as que a reclamante desexa coñecer.