RCA185. Ministerio de Sanidade. Acceso a datos sobre o sistema de contratación e prezos dalgúns medicamentos
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Sanidade para acceder a datos sobre determinados medicamentos durante o ano 2018: volume, sistema de contratación e prezo dos medicamentos, desagregado por centro hospitalario ou plataforma de contratación e por medicamento.
O Ministerio entregou información que o solicitante considerou incompleta.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, ao considerar que non se indica ningunha causa de inadmisión ou límite dos previstos na Lei de Transparencia que impida dar a información (máis aló da pretendida confidencialidade dos datos comerciais das empresas distribuidoras) e que a información solicitada está a disposición do Ministerio, prevalecendo o dereito de acceso á información.