RCA186. Ministerio de Xustiza. Disposicións establecidas pola Avogacía do Estado sobre a interposición ou preparación de recursos contra resolucións xudiciais.
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Xustiza co obxectivo de coñecer as disposicións establecidas pola Avogacía Xeral do Estado-Dirección do Servizo Xurídico do Estado sobre a interposición ou preparación de recursos contra resolucións xudiciais.
El Ministerio denegó la información por tener carácter auxiliar o de apoyo, conforme a lo dispuesto en la letra b) punto 1 del artículo 18 de la Ley de Transparencia.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, ao considerar que a información requirida si ten relevancia na conformación da vontade pública do órgano, xa que esas regras procedimentais ou de carácter organizativo e funcional, como as denomina a Administración, van determinar se unha resolución xudicial que afecta o Estado vai ser obxecto de recurso ou non. É dicir, se se van a seguir utilizando os recursos públicos, en que casos e en que medida, o que significa que son relevantes tanto para a rendición de contas como para o coñecemento da toma de decisións públicas.