RCA213. Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. Actas do Consello de Seguridade Nacional do 4 de marzo de 2020
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso ao Ministerio da Presidencia, Relacións coa Cortes e Memoria Democrática para obter unha copia das actas da reunión do Consello de Seguridade Nacional do día 4 de marzo de 2020.
A Administración denegou o acceso por silencio administrativo.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna seguindo o criterio mantido reiteradamente, sen que sexa precisa a previa eliminación dos datos de carácter persoal que se refiren á identificación de persoas físicas que figuran nas actas xa que 1) forman parte dos órganos de goberno dos organismos involucrados, 2) a súa identificación xa se fixo pública, 3) trátase de membros do Goberno e outros altos cargos, polo que prevalece o dereito de acceso á información fronte á protección dos seus datos persoais.