RCA217. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Lista de beneficiarios de fondos FEAGA e FEADER
RESUMO
Access Info Europe presentou solicitude de acceso ante o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para obter información sobre a lista de beneficiarios de fondos FEAGA e FEADER entre os anos 2012-2017.
O Ministerio denegou a información por entender que existe unha normativa especifica de acceso á información contida no Regulamento UE nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro sobre financiamento, xestión e seguimento da Política Agrícola Común e no Regulamento de Execución (UE) nº 908/2014 da Comisión, do 6 de agosto de 2014.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, por non resultar de aplicación ao presente caso a disposición adicional primeira, apartado 2, da Lei de Transparencia, ao non conterse nesta normativa europea un verdadeiro procedemento específico de acceso á información. Tampouco afecta ao dereito de protección de datos persoais, xa que estes fondos comparten a natureza das subvencións e, por tanto, deben facerse públicos os seus beneficiarios, ex articulo 8.1 c) da Lei de Transparencia.