Unha asociación privada presentou unha solicitude de información a AENA para coñecer número de voo, nome das compañías aéreas, aeroportos de orixe e destino, tipo de movemento (saída ou chegada), datas e horas de todos os voos con chegada ou saída do Aeroporto de Madrid e Barcelona que foron cancelados, así como os voos que rexistrasen un atraso superior ás 3 horas no período comprendido entre o 7 de marzo de 2019 e o 1 de setembro de 2.021.
A Administración denegou o acceso alegando que dar a información supón un prexuízo para os intereses económicos e comerciais.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimouna dado que as aerolíneas son compañías privadas que operan nun réxime de libre competencia, sen excepcións, e se se identifican os atrasos por aerolínea pode darse un prexuízo, razoable e non meramente hipotético aos seus intereses comerciais e económicos, sen que se aprecie un interese superior que permita o acceso.