Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social
Resolución recorrida: R/0897/2023
En exercicio do seu dereito de acceso á información pública, presentouse escrito ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), solicitando a información sobre a cantidade exonerada a empresas do IBEX35 como consecuencia das medidas temporais de suspensión de contratos e redución de xornada, desde o 15 de marzo de 2020.
O Ministerio requirido ditou resolución na que puña de manifesto non dispor da información solicitada e invocando a concorrencia da causa de inadmisión do artigo 18.1.d) LTAIBG, indicando a posibilidade de que a mesma poida ser proporcionada pola Comisión Nacional do Mercado de Valores. Posteriormente, en fase de alegacións neste procedemento de reclamación, engadiu a invocación, aínda sen citala expresamente, da causa de inadmisión do artigo 18.1.c) LTAIBG, porque o acceso á información requiriría dunha reelaboración con información non dispoñible e baseada en datos alleos á súa esfera de competencias.
Presentada a reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estímaa ao non apreciar a concorrencia de ningunha das causas de inadmisión invocadas. Con respecto á do artigo 18.1.d) LTAIBG, non pode sosterse que a Administración alegue o descoñecemento dos suxeitos que constitúen o ámbito subxectivo da solicitude, por canto a información sobre as empresas que cotizan no IBEX35 é pública e de fácil acceso. Doutra banda, tampouco é certo que sexa a Comisión Nacional do Mercado de Valores a que posúa a información, posto que se trata duns datos de cotización, non de información sobre as estas empresas.
Tampouco considera aplicable a causa de inadmisión do artigo 18.1.c) LTAIBG, ao non apreciar que o órgano requirido teña que realizar un esforzo desproporcionado para pór a disposición do solicitante a información demandada, e por tanto non pode sosterse que exista a necesidade de realizar unha acción previa de reelaboración.