168. Presidencia do Goberno. Nomeamento, cesamento e retribucións do persoal eventual
RESUMO
Unha Fundación privada presentou solicitude de acceso á información dirixida a Presidencia do Goberno para ter acceso aos datos de: nome, cargo, data de nomeamento, data de cesamento e retribucións anuais dos traballadores eventuais que prestaron servizo en todos os ministerios e en Presidencia do Goberno durante 2016, en formatos reutilizables.
Presidencia do Goberno non contestou a esta solicitude.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna parcialmente, establecendo os criterios sobre acceso a esta información: débense dar as retribucións e demais información sobre o persoal eventual a partir dos niveis 28 de libre designación porque a súa designación e nomeamento están baseados en razóns de asesoramento e especial confianza, pero non respecto do persoal de niveis inferiores ao nivel 28, xa que, aínda que tamén se nomean por motivos de especial confianza, non realizan funcións de asesoramento.
Así mesmo, non se vulnera a normativa de protección de datos, ao prevalecer o dereito de acceso á información publica.