RCA 175. Presidencia do Goberno. Persoal eventual do ano 2018
RESUMO
Unha Fundación privada presentou solicitude de acceso á información dirixida a Presidencia do Goberno para ter acceso aos datos de nome, cargo, data de nomeamento, data de cesamento e retribucións anuais dos traballadores eventuais que prestaron servizo en todos os ministerios e en Presidencia do Goberno durante 2018.
Presidencia do Goberno non contestou a esta solicitude.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna parcialmente posto que, efectuada a ponderación a que obriga a lei de transparencia entre o dereito á protección de datos e o dereito de acceso á información, debe prevalecer este último naqueles supostos de datos de traballadores que ocupen postos directivos ou de responsabilidade na toma de decisións, quedando á marxe aqueloutros que non ocupen estes cargos de responsabilidade, é dicir, de niveis inferiores ao 28.