13. Información relativa a aparcadoiros públicos e mixtos da cidade de Madrid
RESUMO
Solicitude de dereito de acceso dirixida ao Concello de Madrid, con obxecto de coñecer determinada información sobre a afluencia de vehículos, taxas de ocupación e recadación de aparcadoiros públicos e aparcadoiros mixtos da cidade de Madrid nos anos 2015, 2016 e 2017.
O Concello de Madrid estimou a solicitude exposta, se ben determinou que a información debía ser fornecida polas empresas concesionarias da xestión dos aparcadoiros. Unha destas empresas forneceu a información aínda que manifestou a súa oposición á divulgación de parte daquela, motivo polo cal presentou reclamación ante o Consello por considerar de aplicación o límite regulado no artigo 14.1 h) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información púbica e bo goberno, referido a intereses económicos e comerciais.
O Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimou a reclamación exposta por considerar que o interese público en coñecer a xestión dun servizo público por parte de empresas concesionarias prevalecía sobre os intereses económicos e comerciais destas.
Fronte a esta resolución a parte reclamante interpón recurso contencioso-administrativo en decembro de 2018.