17. Información sobre unha Tese Doutoral Universidade Politécnica de Madrid.
RESUMO
Esta reclamación trae causa dunha anterior de 2017, a RT/0010/2017, do 7 de abril, recorrida ante os tribunais que ditaminaron que debía producirse unha retroacción de actuacións de maneira que se dese trámite de audiencia ao autor da tese doutoral cuxo acceso se pretendía.
Na RT/0214/2018, o mesmo cidadán remitiu novamente unha solicitude de acceso á información á Universidade Politécnica de Madrid en virtude da cal solicitaba copia da tese doutoral anteriormente solicitada.
Contactado o autor, este manifestou a súa negativa a dar acceso á súa tese doutoral invocando o seu dereito á propiedade intelectual. A propiedade intelectual sobre unha obra supón o recoñecemento do exercicio exclusivo por parte do seu autor dos dereitos de explotación daquela en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, que non poderán ser realizadas sen a súa autorización, salvo nos casos previstos na Lei.
O Consello de Transparencia e Bo Goberno, en aplicación do artigo 14.1 j) (límite da propiedade intelectual) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, desestimou a reclamación exposta.
Fronte a esta resolución o reclamante interpón recurso contencioso-administrativo en febreiro de 2019.