19. Expediente de contratación dos sistemas de información de educación da Comunidade de Madrid.
RESUMO
Solicitude de dereito de acceso dirixida á Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid, con obxecto de coñecer determinada información relativa a un expediente de contratación sobre a modernización dos sistemas de información de educación
A Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid concedeu acceso parcial á documentación por considerar que parte dela era información anterior á entrada en vigor da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno (LTAIBG).
Fronte a esta desestimación o interesado interpón o 12 de xullo de 2018 unha reclamación ao abeiro do artigo 24 da LTAIBG. O Consello de Transparencia e Bo Goberno estima a reclamación presentada ao considerar que a documentación solicitada ten a consideración de información pública e que non foi proporcionada ao reclamante.
Fronte a esta resolución a Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 5 marzo de 2019.