60. Acceso ao código fonte aplicación informática sorteo de tribunais procesos selectivos
RESUMO
Un cidadán solicitou á Consellería de Educación e Mocidade da Comunidade de Madrid o acceso ao código fonte utilizado na aplicación informática mediante a cal se procede ao sorteo de tribunais asociados a procesos selectivos.
Ao non estar conforme coa resposta dada pola administración, o reclamante presenta en marzo de 2021, unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno (CTBG).
O CTBG estima a reclamación por non considerala abusiva nin apreciar que concorre o límite referido á propiedade intelectual no caso de concederse o acceso ao código fonte. Todo iso sobre a base de que o acceso ao código fonte reviste interese público ao permitir coñecer aos cidadáns como se toman as decisións que lles afectan.
Fronte á resolución ditada polo CTBG a Comunidade de Madrid interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 4 de febreiro de 2021.