A presidenta do Consello, Concepción Campos, reúnese coa secretaria xeral de ASEDIE, Olga Quirós. ASEDIE é o interlocutor ante a Administración e defende os intereses das empresas infomediarias, aquelas que recompilan, analizan e tratan información do sector público e/ou privado para crear produtos de valor engadido destinados a terceiras empresas, cidadanía e á propia Administración ou corpos de seguridade do Estado, que serven, entre outras funcións, para realizar unha toma eficaz de decisións e sempre se garante o respecto á normativa vixente.