El presidente do Consello de Transparencia e Bo Goberno, José Luis Rodríguez Álvarez, interveu onte na a sesión plenaria do XXIII Congreso anual da Asociación de Constitucionalistas de España (ACE) na Universidade de Murcia: un conversatorio moderado por Manuel Medina, da Universidade de Sevilla, no que tamén participaron Ignacio Villaverde, da Universidade de Oviedo, Silvina Bacigalupo, da Universidade Autónoma de Madrid e presidenta de Transparencia Internacional España e Manuel Villoria, presidente da Autoridade Independente de Protección do Informante.
Durante a súa intervención, Rodríguez volveu reiterar a necesidade de que se dote ao Consello das potestades coercitivas necesarias para garantir o cumprimento de todas as súas resolucións. Neste foro que reúne a especialistas en dereito constitucional de toda España para reflexionar sobre a transparencia e a rendición de contas no estado constitucional, avogou de novo polo recoñecemento do dereito de acceso á información pública como dereito fundamental.