No encontro, que tivo un gran éxito de convocatoria con máis de 60 alumnos rexistrados, participaron especialistas en transparencia, tecnoloxía, protección de datos... Os relatores puxeron de relevo, por unha banda, que nun Estado democrático é necesario garantir a transparencia algorítmica e, por outra, que o uso da IA abre enormes posibilidades para mellorar a rendición de contas, a integridade e a transparencia do sector público.
Inauguraron o curso a presidenta do Consello, Concepción Campos, o vicerreitor de Programación da UIMP, Salvador Torodo, e o director xeral de Simplificación Administrativa, Transparencia e Participación Cidadá do Goberno de Cantabria, Paulino Sánchez, que destacaron o indubidable poder que ten a IA para mellorar as Administracións Públicas e os servizos que prestan ao cidadán, e que o reto é garantir que os cidadáns seguen entendendo como se toman as decisións que afectan as súas vidas.