A reunión, celebrada na sede do Banco de España, serviu como punto de partida para fortalecer as relacións entre ambos os organismos e o intercambio de experiencias en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Á reunión institucional seguiu unha reunión de traballo coa directora de Transparencia e Comunicación, Ana Buisán, e a xefa da División de Transparencia, María Luisa Boronat, na que se sentaron as bases para abrir vías de colaboración entre ambas as institucións.