Se ben o grao medio de cumprimento alcanzado polo conxunto das entidades é insuficiente, un 47,5%, constátase unha melloría respecto da avaliación realizada polo Consello en 2025, cando o Índice de Cumprimento da Información Obrigatoria (ICIO) medio alcanzado pola categoría de suxeitos privados foi do 34,4%.
Na avaliación deste ano/este ano volve existir unha gran disparidade en canto a cumprimento segundo a entidade, con algunhas que logran niveis moi altos ou pleno cumprimento, e outras que presentan aínda enormes carencias. Hai 27 entidades que alcanzan un ICIO superior ao 80%, mentres que 70 (o 56% do total das analizadas),non alcanzan nin o 50%.
Para obter o dato do ICIO, o Consello revisa se as entidades publican nas súas páxinas web as informacións ás que están obrigadas e se o fan adecuadamente (con suficiente grao de actualización, accesibilidade, en formatos reutilizables, etc.).
A selección das entidades avaliadas efectuouse mediante mostraxe aleatoria entre entidades perceptoras de subvencións ou axudas públicas por contía superior a 500.000 euros no período dun ano, a partir da información contida na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Das 125 entidades analizadas, 62 xa foran avaliadas polo Consello, e 63 entidades foron analizadas por primeira vez en 2026. Entre os suxeitos avaliados figuran empresas, fundacións, asociacións, federacións deportivas e ONG.