Un cidadán solicitou a RTVE información sobre o custo da participación de España no Festival de Eurovisión 2015, con detalle de cada gasto. RTVE non proporcionou ningunha resposta á esta solicitude e o 10 de xullo de 2015 o mesmo cidadán presenta unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno.
Nas súas alegacións, RTVE considera que difundir a información solicitada suporía un prexuízo para os seus intereses económicos e comerciais, tendo en conta que a entidade concorre no mercado audiovisual e os seus competidores terían acceso a unha información estratéxica e mesmo a criterios internos para a elaboración da información.
O Consello de Transparencia, pola contra, estima na súa resolución que a información non dana o segredo comercial ou empresarial nin os intereses económicos e comerciais de RTVE, e considera que coñecer o gasto destinado á participación da televisión pública nun evento internacional sufragado con fondos públicos responde o espírito e finalidade con que se aprobou a Lei de transparencia, acceso á información e bo goberno. Por todo iso, instábase a RTVE a proporcionar no prazo de 15 a información solicitada.
Estado: Sentenza firme. O Tribunal Supremo ha desestimado o recurso de casación da Corporación RTVE. Confírmase así que se terá que facilitar a información, tal e como establecía a Resolución do Consello de Transparencia e Bo Goberno e confirmaban as sentenzas do xulgado central contencioso-administrativo nº 6 de Madrid e a sentenza en apelación da Audiencia Nacional.