Corporación RTVE. Contas anuais e informe de auditoría de contas da Corporación
RESUMO
Un particular presentou unha solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que tiña por obxecto coñecer a última auditoría pública de RTVE realizada pola Intervención Xeral da Administración.
O mesmo particular presentou unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno ao ser denegada en parte a súa solicitude por non existir, a xuízo da Corporación, unha obriga legal de facer públicas estas contas.
O Consello estimou a reclamación ao considerar que os Informes de auditorías de contas si deben publicarse, en aplicación dos principios de publicidade activa da lei de transparencia. En primeira instancia, o xulgado central contencioso-administrativo nº 4 deu a razón o Consello.
A sentenza aínda non é firme xa que a Corporación RTVE pode acudir en casación ao Tribunal Supremo. Tanto a sentenza do xulgado central contencioso-administrativo nº4 de Madrid como a sentenza en apelación ante a Audiencia Nacional confirman a resolución do Consello de Transparencia e Bo Goberno, na que se insta á Corporación a que facilite a información.