Recurso fronte a denegación de acceso a información relativa aos datos solicitados polo Grupo de Traballo creado por dous Ministerios sobre medidas de reforma estrutural e de impulso do financiamento das PEMES
RESUMO
Un cidadán presentou dúas solicitudes de acceso á información dirixidas ao Ministerio de Xustiza, que tiñan por obxecto obter copia dos datos solicitados polo Grupo de Traballo creado polos Ministerios de Economía e Facenda e de Xustiza, de parte do Colexio de Rexistradores, sobre medidas de reforma estrutural e de impulso do financiamento das pequenas e medianas empresas, así como os aranceis percibidos polos Rexistros da Propiedade.
O Ministerio denegou o acceso á información e o mesmo cidadán presentou senllas reclamacións ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno entendendo denegada as súas solicitudes. Aberto o trámite de alegacións, o Ministerio indicaba que non tiña no seu poder os documentos solicitados, sendo de aplicación a causa de inadmisión do articulo 18.1 d) da Lei de Transparencia, acceso á información publica e bo goberno (LTAIBG).
O Consello desestimou as reclamacións presentadas e considerou nas súas resolucións que o Ministerio non só non dispón da información, senón que tamén descoñece quen puidese tela na súa poder e que os aranceis percibidos polos Rexistros da Propiedade non están sometidos á Lei de transparencia.
La sentencia del juzgado central contencioso-administrativo nº 1 de Madrid es parcialmente favorable.