Recurso Contencioso Administrativo do Sindicato ACAIP fronte a resolución do CTBG que inadmitía a súa reclamación por extemporánea
RESUMO
O Sindicato ACAIP presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio do Interior, que tiña por obxecto coñecer o número de empregados públicos de Institucións Penais aos que se lles aplicaron deducións na súa nómina como consecuencia dunha situación de Incapacidade Laboral e de ausencias por enfermidade.
O Ministerio desestimou a solicitude e ACAIP presentou Reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno.
O CTBG inadmitió a Reclamación por ser presentada unha vez transcorrido o prazo dun mes de que se dispón para reclamar.