Recurso do Ministerio da Presidencia contra resolución relativa ao acceso a información sobre cumprimento de obrigas de Goberno Aberto
RESUMO
Unha organización solicitou ao Ministerio da Presidencia información relativa á participación de España na iniciativa internacional Alianza para un Goberno aberto (Open Government Partnership). En concreto, esta iniciativa, da que forma parte o noso país desde o ano 2012, ten como obxecto ampliar e profundar nas obrigas de transparencia e rendición de contas por parte dos Gobernos así como favorecer as vías de participación dos cidadáns na acción pública.
Na súa resposta, o Ministerio da Presidencia acordou dar información parcial, pero considerou que tiñan carácter de información auxiliar ou de apoio os documentos internos nos que se informaba sobre o grao de implementación por parte dos Departamentos competentes dos compromisos adquiridos polo noso país en materia de Goberno aberto. Presentada reclamación, a mesma foi estimada polo Consello de Transparencia e Bo Goberno ao concluír que os informes solicitados non podían cualificarse de información auxiliar ou de apoio debido a que “teñen indubidable relevancia na tramitación do expediente ou na conformación da vontade pública do órgano, é dicir, son relevantes para a rendición de contas, o coñecemento da toma de decisións públicas e a súa aplicación. Trátase de Informes que, sen ningunha dúbida, axudan a conformar o criterio final e definitivo do Goberno que será posteriormente plasmado no Plan de acción de España no Goberno Aberto. De feito, estes informes que, non debe esquecerse, son relativos ao grao de implementación das medidas incorporadas no Plan de Acción obxecto de autoevaluación e, por tanto, deben responder a criterios principalmente obxectivos, son imprescindibles para a elaboración do mencionado Informe de autoevaluación”.
O Ministerio da Presidencia interpuxo recurso contencioso-administrativo fronte á resolución do Consello de Transparencia e Bo Goberno, que estimaba parcialmente a reclamación presentada, o 10 de setembro de 2015, pola organización peticionaria da información, contra o Ministerio da Presidencia e instando o Ministerio a que remita a esta a información relativa a determinada documentación sobre o Goberno Aberto e o II Plan de Acción de España.
Na sentenza 41/2017 do xulgado central contencioso-administrativo nº 5 de Madrid considera o Xulgado que non se cumpre cos compromisos adquiridos no ámbito do Goberno Aberto e da participación da cidadanía, se non se conta coa información necesaria elaborada polo Ministerio recorrente e a procedente doutros, co fin de poder determinar sobre a corrección da planificación da actividade pública, obxectivos, criterios e circunstancias concorrentes na toma de decisións, polo que a implementación dos plans de acción da Alianza son relevantes para a participación cidadá, tendo en conta que, só se se coñece talles informes, pódese participar. Desta maneira, a información solicitada non pode considerarse como auxiliar ou de apoio.
Estado: Neste momento a sentenza xa é firme. Tanto a sentenza do xulgado central contencioso-administrativo nº5 de Madrid como a sentenza en apelación da Audiencia Nacional foron a favorables da resolución do Consello de Transparencia e Bo Goberno e, por tanto, a favor, de facilitar a información.