Recurso da AEAT fronte a concesión de acceso a información relativa ao catálogo de postos de traballo
RESUMO
Unha cidadá presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Facenda e Función Publica para acceder á resolución da Oficina de Conflitos de Intereses pola que se denegaba a un ex embaixador en Rusia o exercicio da actividade privada.
O Ministerio denegou o acceso, entendendo que esta información afectaba os datos de carácter persoal.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna parcialmente, posto que a información solicitada é relativa a un alto cargo e aparece publicamente en Internet e no BOE, non precisando consentimento previo do titular dos datos.