Recurso fronte a denegación de acceso a información sobre expediente administrativo de concesión de licenzas de TDT
Unha empresa presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital para acceder a un expediente sobre a concesión de seis licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TDT).
O Ministerio denegou o acceso, entendendo que a información afectaba á igualdade das partes nos procesos xudiciais
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimouna, posto que é certo que existen procedementos xudiciais en curso nos que se ha de valorar a documentación solicitada e a súa difusión publica podería prexudicar ás partes no proceso.