104. Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS). Incidentes adversos de medicamentos
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información dirixida á Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, para coñecer o detalle de todos e cada un dos incidentes adversos notificados polos profesionais sanitarios, desde 2012, ao momento de vixilancia de produtos sanitarios desa Axencia.
A administración denegou a información por existir o limite da confidencialidade da información, en aplicación do articulo 14.1 da LTAIBG e da lexislación especifica en materia de medicamentos.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna ao considerar que non resulta de aplicación o limite invocado, prevalecendo o dereito de acceso consagrado na LTAIBG, dado que facendo unha interpretación conxunta da normativa sanitaria, resulta que non gozan do deber de confidencialidade os incidentes adversos notificados polos profesionais sanitarios.