Un sindicato presentou solicitude de acceso á información dirixida á Axencia Tributaria para acceder á relación de postos de traballo do persoal laboral da AEAT, á relación nominal de traballadores e á masa salarial do período 2015-2016.
A administración denegou a información, alegando que resulta de aplicación a Disposición Adicional Primeira, apartado 2, da lei de transparencia, ao existir unha lexislación especifica de acceso, como é a normativa tributaria.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna parcialmente, ao considerar que non resulta de aplicación a Disposición Adicional, xa que a lexislación tributaria non contempla un verdadeiro procedemento de acceso á información publica e que a administración deu parte da información en vía de reclamación.
O solicitante da información presentou recurso contencioso-administrativo.