110. Acceso a expediente de apercibimento de sanción
RESUMO
Unha empresa presentou solicitude de acceso á información dirixida á Axencia Española de Protección de Datos para coñecer o contido dun expediente de apercibimento de infracción a unha entidade privada, por considerar que é interesado no este procedemento na medida en que é o denunciante.
A administración denegou a información por entender que resulta de aplicación o limite do articulo 14.1.j) da LTAIBG e poderse producir un prexuízo ao segredo profesional e á propiedade industrial.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, por considerar que si resulta de aplicación o límite invocado a aquelas partes do expediente que conteñen información cualificada de segredo comercial, como algúns contratos entre suxeitos privados e o procedemento de captación de clientes, sendo accesible o resto do expediente.