113. Produtividades do persoal do Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social
RESUMO
Unha cidadá presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social para coñecer os resultados da produtividade por obxectivos, a instrución de produtividade da Inspección de Traballo e Seguridade Social e copia dunha acta da Comisión Provincial de Seguimento da Coruña.
A administración denegou a información por entender que o solicitado afecta as funcións administrativas de vixilancia, inspección e control, e que se trata dunha información auxiliar ou de apoio.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, ao considerar que non se aplicaban os argumentos da administración, posto que non se trata de información auxiliar pola propia esencia dunha instrución dunha Dirección Xeral destinada a retribuír o traballo do seu persoal e porque non se aprecia un prexuízo real para as funcións inspectoras do Organismo, nin no presente nin de face ao futuro.