A Sección Sindical de CC.OO na Axencia EFE presentou unha solicitude de acceso á información dirixida á empresa para acceder á súa situación económico-financeira: auditoría de contas, débedas, vendas, gastos xerais, salarios, etc...
A Axencia EFE non contestou a solicitude.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, posto que os orzamentos da Axencia son 100% públicos, debendo deixarse a salvo aquela información que comprometa os intereses económicos ou comerciais da empresa, como a reconversión de débeda ou os plans comerciais de futuro.