89. Corporación RTVE. Información relativa a un contrato
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida á Corporación Radio Televisión Española (RTVE) para acceder a unha copia do contrato subscrito en relación ao programa: "Como o ves?" En concreto, solicitou copia dos contratos da produtora e dos seus presentadores e colaboradores, así como o seu custo total.
RTVE denegou a información porque, segundo a Corporación, dar a información pon en perigo os seus intereses económicos e comerciais e atenta contra o dereito á protección de datos persoais.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna xa que non estamos ante un segredo comercial nin se prexudican os prezos nin os métodos de avaliación de custos. Tampouco afecta á protección de datos persoais porque existe unha Lei que permite a súa divulgación (o artigo 8 da lei de transparencia), segundo recolle o Informe 0178/2014, da Axencia Española de Protección de Datos.