95. Autoridade Portuaria de Vigo. Plan de Empresa e acta do Consello de Administración
RESUMO
Unha representante sindical presentou solicitude de acceso ao Plan de Empresa e a unha acta do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo
A Autoridade Portuaria denegou a información porque atenta contra os seus intereses económicos e comerciais e pon en perigo do deber de confidencialidade da información.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, dado que é criterio consolidado do Consello de Transparencia que as actas dos Consello de Administración sexan públicas, salvo que algún aspecto concreto poida afectar á confidencialidade ou o segredo na toma de decisións, nese caso, debe eliminarse esa parte unicamente. É dicir, a xuízo do Consello de Transparencia as deliberacións si son confidenciais pero non os acordos alcanzados.