118. Ministerio de Fomento. Auditorías de inspección de obras e servizos
RESUMO
Un xornalista presentou solicitude de acceso dirixida ao Ministerio de Fomento para coñecer as auditorías de procedemento elaboradas pola Subdirección Xeral de Servizos e Obras durante o ano 2017.
A Administración denegou a información por entender que o solicitado afecta as súas funcións de inspección e control e é auxiliar ou de apoio.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, ao considerar que non se aplicaban os argumentos da Administración, posto que non se trata de información auxiliar aínda que a elaboren órganos internos do Ministerio e dado que o seu coñecemento publico serve para responder ante a cidadanía, como establece a Lei. Igualmente, ao estar finalizadas as auditorías non afectan o seu desenvolvemento e conclusión final. No entanto, si se aprecia que existe información que pode revelar métodos de traballo fixos que puidesen prexudicar o desenvolvemento de futuras auditorías, comprometendo os seus resultados, polo que deben ser eliminados da información que se facilite.