126. Acceso ás actas da Obra Pía española en Italia
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información, dirixida ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, para coñecer as actas das reunións da xunta de goberno dos establecementos españois en Italia, reenviados pola Obra Pía.
O Ministerio contestou á solicitude alegando que debe solicitarse a información á propia Obra Pía, dado que non se encadra no sector publico español, aínda que goza de amparo diplomático.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, dado que a presidencia, a representación legal e a dirección da Obra Pía está a cargo do embaixador de España ante a Santa Sé, a súa xunta está composta por outros dous diplomáticos españois e os seus acordos son remitidos ao Ministerio, que posúe a información solicitada, isto é, actas de órganos colexiados, que han de ser divulgadas polo seu interese publico, como se fixo en casos precedentes.