Un cidadán presento solicitude de acceso á información, dirixida á Corporación RTVE para ter acceso aos contratos entre RTVE e a entidade Vídeo Mercury Filmes, por valor de 800.000 euros.
RTVE denegou a solicitude por afectar á protección de datos persoais e aos seus intereses económicos e comerciais. Así mesmo, alegou que non podía dar a información por ter que reelaborarla.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, dado que non resulta de aplicación a protección de datos, ao ser obrigatoria a publicación de contratos do sector publico, podéndose facer tamén de maneira anonimizada, como solicita o reclamante. Tampouco afecta os intereses económicos e comerciais de RTVE, que se nutre basicamente de fondos públicos, nin da empresa adxudicataria, cuxos segredos comerciais quedan igualmente a salvo. E finalmente, se se dan os contratos anonimizados, non é necesario reelaborar a información.