135. Comunicacións coa Santa Sé sobre a exhumación de Francisco Franco
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información, dirixida ao Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade para obter unha copia da carta da Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, dirixida ao Secretario de Estado da Santa Sé, na que se tratan diversos aspectos da exhumación de Francisco Franco, entre eles a posición do Prior da Abadía do Val dos Caídos e a resposta á mesma.
O Ministerio non deu información por entender que podería pór en risco as relacións exteriores coa Santa Sé.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, dado que non existe confidencialidade da documentación solicitada, que foi previamente feita publica polo Goberno en declaracións e que esa documentación ten un indubidable interese publico que fai decaer o limite invocado.