153. Denegación de acceso ao contrato de publicación do libro do Presidente do Goberno
RESUMO
Unha xornalista presentou solicitude de acceso á información dirixida á Secretaría Xeral da Presidencia do Goberno para coñecer o contido do contrato de edición do libro titulado "Manual de Resistencia", escrito polo Presidente do Goberno.
A Administración non contestou a esta solicitude.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimouna ao quedar acreditado que o libro foi escrito antes de que fose nomeado Presidente do Goberno, sendo pois unha actividade privada que non queda amparada pola Lei de Transparencia.