166. Base do Informa de débeda viva do Concello de Reinosa
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Facenda para coñecer a elaboración do Informe de débeda viva do Concello de Reinosa, conforme a base de datos da Central de Información de Riscos do Banco de España.
O Ministerio de Facenda concedeu parcialmente a información, entregando o montante total da débeda e argumentando que non dispuña do resto da información requirida, polo que o solicitante debía dirixirse ao Concello.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna. A información solicitada debe considerarse incardinada dentro da finalidade perseguida pola Lei de Transparencia xa que permite coñecer baixo que criterios actúan as nosas institucións e como se toman as decisións que afectan os cidadáns. A corrección dos datos publicados sobre a débeda dun Concello atópase en poder do Ministerio de Facenda.