RCA181. Ministerio de Traballo e Economía Social. Ditame sobre accidente en obra
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida á Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña, dependente do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social (actual Ministerio de Traballo e Economía Social) co obxectivo de obter unha copia do ditame da Inspección de Traballo dun dobre accidente de obra acaecido en febreiro de 2006.
O Ministerio denegou a información manifestando que o solicitante non ten a condición de interesado.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, dado que o dereito de acceso á información que configura a Lei de Transparencia debe estenderse a toda información pública en poder dos suxeitos aos que se aplica a norma salvo que sexa de aplicación algún dos límites previstos no art. 14 ou 15 da Lei que, doutra banda, non foron alegados nin entende este Consello de Transparencia e Bo Goberno que poidan ser de aplicación.