RCA184. Ministerio de Fomento. Acceso a documentos sobre a ampliación do Porto da Coruña
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Fomento co obxectivo de coñecer o informe ou ditame da Inspección Xeral do Ministerio sobre a modificación do Porto da Coruña, así como o estudo de impacto ambiental e o informe da Avogacía do Estado.
O Ministerio non contestou.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna ao considerar que se trata de documentos relativos a un expediente de contratación que supoñen modificacións de contrato, sendo de interese publico a súa divulgación, como obriga o articulo 8.1 a) da Lei de Transparencia.