RCA187. Ministerio de Fomento. Autoridad Portuaria de A Coruña. Construcción del pantalán de Repsol en Punta Langosteira
RESUMO
Un cidadán presentou unha solicitude de acceso á información dirixida á Autoridade Portuaria da Coruña para obter información sobre a construción por SACYR do pantalán de Repsol en Punta Langosteira.
A Administración non contestou.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna ao non xustificar a Administración a existencia de límites nin aplicarse a disposición adicional primeira, apartado 1, da Lei de Transparencia, xa que os procedementos abertos ante o Tribunal de Contas, que fiscaliza actualmente este contrato de obras, non son administrativos, senón xudiciais. Ademais, os contratos de obras deben ser públicos, por esixencia do articulo 8.1 a) da Lei de Transparencia.