RCA170. Consejo General de Enfermería. Actas de procesos electorales
RESUMO
Unha asociación presentou solicitude de acceso á información ao Consello Xeral de Enfermaría de España para conseguir as actas dos tres últimos procesos electorais tanto para o cargo de presidente como para os do pleno.
O Consello Xeral non contestou á solicitude.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, xa que ten o criterio asentado de que o contido das actas dos órganos colexiados e das corporacións de dereito publico deben ser publicas, o que entronca coa finalidade da lei de transparencia, que é a de coñecer como se toman as decisións que afectan os cidadáns.