RCA199. Condicións de financiamento e prezo do medicamento “Yescarta”
RESUMO
Unha fundación privada presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Sanidade para obter información sobre condicións de financiamento e prezo do fármaco Yescarta.
Ante a ausencia de resposta, a entidade solicitante presentou reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, que foi estimada por entender que non existían restricións ou límites ao acceso que puidesen ser de aplicación e considerar que o coñecemento da información solicitada está directamente relacionada co obxectivo e finalidades da Lei de Transparencia.